Día das Bibliotecas: A biblioteca Nautilus sae ao recreo

Neste día quixemos que a biblioteca saíra ao exterior, aínda que a chuvia obrigounos a quedar durante as primeiras horas da mañá no vestíbulo do centro.Os alumnos participaron nun concurso de identificación de lecturas. Agasallamos aos participantes cunhas pastas caseiras. Pero, ademais, o xurado formado polo equipo de biblioteca e o equipo de Dinamización lingüística decidiu que alumnos serían os gañadores do concurso de marcapáxinas. Entregaremos os premios, consistentes en entradas de cine. o vindeiro venres 29 de outubro. Tamén premiaremos aos participantes no concurso de Escritoras galegas.

A nosa intención foi celebrar o día grande das bibliotecas achegando a todo o alumnado e profesorado o labor que se fai no fomento da lectura, da búsqueda de información e, en definitiva, en todo aquilo que,pouco a pouco, construimos dende O Nautilus para a comunidade escolar.

Previamente, o día 19 de outubro visitamos, cos alumnos e alumnas de 3º de ESO, a Biblioteca Municipal do Castrillón, para asisitir a unha charla sobre a escritora Emilia Pardo Bazán. Esta actividade, acompañada da lectura de contos da autora por parte dos alumnos, terá continuidade cunha lectura pública nunha residencia de maiores para o mes de decembro.