Lectura de relatos na Residencia Torrente Ballester

O luns, día 9, acudimos á Residencia Torrente Ballester con alumnos de 3º de ESO para ler aos nosos maiores relatos de Emilia Pardo Bazán. Acompañounos Alicia, bibliotecaria da Biblioteca Municipal do Castrillón, que organizou con nós esta actividade. Foi un encontro moi gratificante. A acollida foi entrañable.Os nosos alumnos transmitiron ao público todo o seu entusiasmo, un sopro de aire fresco despois da difícil situación que viviron nas residencias de maoires pola Covid-19. Quedamos en voltar noutras ocasións e representar obras teatrais protagonizadas polos rapaces do noso centro, e a bilbiotecaria do Castrillón comprometeuse a levar maletas con libros para todos os residentes.

Advertisement