Divertirse aprendendo este verán

A nosa proposta de lectura vai encamiñada a descubrir as infinitas posibilidades do coñecemento divulgativo. Para todas as idades temos á vosa disposición un conxunto de obras que vos achegarán ao mundo da cultura, da investigación, das emocións, dun xeito ameno, engaiolante. Este verán ofertamos espazos de saber para un tempo de lecer.