Celebración do Día da Muller no IES Monelos

O IES Monelos quere comprometerse cunha educación en igualdade e en valores  que defendan os dereitos das mulleres a ser consideradas libres, merecedoras de respeto e valoradas polos seus talentos. Por iso, dende a nosa biblioteca e, en colaboración co profesorado, mostramos, nunha exposición e nun power point, a mulleres audaces que están ahí para servirnos de faro e estímulo.

Ademáis, levamos a cabo unha escolma de obras literarias escritas por mulleres de diferentes épocas para que os alumnos e profesores poideran levar en préstamo os libros expostos.

Achegáronse á exposición alumnos interesados en coñecer a estas autoras e reservaron varios exemplares.

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Visita dos alumnos de 1º de ESO á Biblioteca do Castrillón

Como xa é tradición todos os anos, acompañamos aos alumnos de 1º de ESO a visitar a Biblioteca do noso barrio os días 26 e 28 de febrero, coa finalidade de informarlles sobre o funcionamento da mesma e as súas variadas ofertas para usuarios.

Os bibliotecarios ensinaron tamén aos alumnos a consultar o catálogo e repartiron impresos para facerse socios. A visita foi moi agradable e instrutiva. Queremos fomentar o uso das bibliotecas públicas entre os nosos alumnos e particularmente desta coa que colaboramos de cotío.

This slideshow requires JavaScript.

Visita de Ana Alcolea no IES Monelos

O luns 18 de febrero, a escritora Ana Alcolea tivo un encontro cos alumnos de 3º de ESO. Nesta ocasión comentou a obra Napoleón puede esperar. Explicou o proceso de creación desta novela ambientada na súa cidade natal, Zaragoza: como xurdiu a idea, como se documentou…

Fixo fincapé nos aspectos éticos: a súa decisión de non dar protagonismo a personaxes que contribuíran a facer máis longo o asedio á cidade de Zaragoza e, por contra, destacar aquelas figuras históricas que realizaron un labor humanitario.

Os alumnos fixeron preguntas sobre aspectos da trama que non lles quedaron claros, como a interpretación dalgún dos soños. Así mesmo, mostraron curiosidade polo oficio de escritor.

Ana Alcolea é unha autora moi coñecida polos nosos alumnos xa que leron obras como: La noche más oscura, El secreto del espejo…

Estamos moi agradecidos porque sempre nos visita para falarnos do seu traballo como escritora e das interesantes tramas dos seus libros, o que, sen dúbida, impulsa entre os rapaces o amor pola lectura.

This slideshow requires JavaScript.

Corazóns poéticos no Día de San Valentín

Hoxe, día de San Valentín, os alumnos de 1º de ESO quixeron regalar corazóns aos seus compañeiros. Pero estes corazóns tiñan unha mensaxe especial: todos levaban no seu interior palabras poéticas, porque o amor é o que nos move a escribir. Así, escolleron os versos que máis lles gustaron de autores como Bécquer, Neruda, Pedro Salinas…e copiáronnos no seu corazón. E logo compartírono lendo e regalando versos, nun día cheo de luz.

This slideshow requires JavaScript.

 

Visita da escritora María Solar ao IES Monelos

O día 5 de febreiro visitounos a escritora María Solar, autora do libro Os nenos da variola que leron os alumnos de 4º de ESO e sobre o que fixeron un traballo.

María Solar falounos da heroica fazaña da expedición Balmis, da importancia das vacinas e a erradicación da variola no mundo, frente a outras doenzas que aínda persisten nalgúns países, como a poliomelite.

Asimesmo, proxectou imaxes sobre os efectos da variola nas persoas e o Hospital de Santiago de Compostela de onde saíron parte dos nenos que transportaron no seu corpo a vacina.

Finalmente, fíxonos comprender a necesidade de manter viva a memoria do que se levou a cabo en épocas pasadas, e invitou aos rapaces a continuar, nun futuro, a investigación sobre aspectos aínda descoñecidos desta expedición.

Ao remate da charla, os alumnos fixeron preguntas sobre aspectos da obra e comentaron que lles gustou moito polo seu realismo e interés humano. Sen dúbida é un bo exemplo de como combinar a ficción e a historia mantendo o interese do lector ata o final.

This slideshow requires JavaScript.

 

Día escolar da Paz e a Non Violencia no IES Monelos

Hoxe, día 31 de xaneiro, adicamos a xornada a reflexionar sobre o tema da Paz e a Non Violencia. Recibimos no noso centro a Marisa, activista de Mundo sen Guerras, que informou aos alumnos de 4º de ESO sobre a Segunda Marcha Mundial pola Paz e a necesidade de comprometerse para acadar unha sociedade na que, pouco a pouco, vaia impoñéndose a cultura da non violencia.

Invitamos aos rapaces a opinar sobre que consideran eles Non violencia, se cren que é posible a paz mundial, que actividades emprenderían para contribuir á mellora das condicións de vida dos pobos e dos cidadáns sometidos á violencia…

Proxectamos un vídeo sobre a Marcha Mundial pola Paz que se iniciará en outubro deste ano e rematará en marzo de 2020.

Cremos e confiamos en que a xuventude ten nas súas mans cambiar o mundo e consideramos necesario deixar esa semente de espíritu crítico nos nosos estudantes.

This slideshow requires JavaScript.