Concurso Día da Muller

Para festexar o Día da Muller, propoñemos que tentedes averiguar que mulleres se  agochan tras as definicións que vos ofrecemos no seguinte documento:

FIGURAS FEMENINAS NA LITERATURA

Tedes ata finais de marzo para participar. Enviade as vosas respostas ao formulario que figura na seguinte ligazón.

 

Advertisement

Mes da ciencia en galego

A Biblioteca do IES Monelos retoma un proxecto interrumpido polo confinamento do mes de marzo. Nesas datas publicamos no noso blogue un traballo sobre mulleres científicas. Propuxemos un concurso de investigación sobre estas figuras destacadas da ciencia.

Este mes da ciencia en galego queremos botar man do devandito proxecto para que os alumnos participen novamente nese concurso. Está pensado para todo o alumnado de ESO e Bacharelato. Deberedes descubrir a identidade das diferentes científicas que aparecen no PowerPoint. Cada alumno participante poderá cubrir o formulario que se adxunta cos seus datos persoais, curso, grupo e as respostas que considere oportunas acerca das científicas obxecto de investigación.

Podedes atopar o formulario para cubrir na seguinte ligazón: Formulario para concursar. Lembrade que para poder cubrir o formulario tedes que acceder coa vosa conta de G-Suite

A data límite para cubrir o formulario será o 15 de decembro de 2020 e os premios serán entregados polo equipo de biblioteca o último día lectivo deste ano.

O premio consistirá nun cheque regalo para gastar nunha libraría da cidade para dous gañadores da ESO e dous de Bacharelato.

 

O 14 de febreiro

Para celebrar esta data enchemos o instituto de corazóns cheos de literatura

E fixemos unha selección de libros na Biblioteca

E nada mellor que a lectura de poemas de amor no marco da Biblioteca do instituto.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Realizamos lecturas en 4º de ESO e en 1º e 2º de Bacharelato. Os alumnos de 3º de ESO leron ou recitaron de memoria algún poema aos compañeiros de 2º de ESO.

Nestes enlaces tedes a bibliografía:

Poesía amorosa da Xeración dos 50

Distintos enfoques do tema do amor

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE TRADICIÓN ORAL

Estes foron os traballos premiados no concurso para o primeiro ciclo de ESO

Na categoría de relato: O meu avó, escrito por Tania González Moreira, de 2º de ESO

IMG_0773

O meu avó (texto, preme para lelo)

Na categoría de coplas populares tradicionais: Halima Dhima de 1º de ESO

IMG_0781

OUTONO 2Na categoría de refráns referidos ao outono e as actividades desta época:

Clara Fernández Vilariño, de 2º de ESO

IMG_0776OUTONONa categoría de fotografías de actividades propias do outono: Halima Dhima, de 1º de ESO

NORABOA A TODAS AS PREMIADAS

SEMANA DA LITERATURA DE TRADICIÓN ORAL

Este ano, no IES Monelos, reunimos todas as actividades de outono nunha semana que chamamos “semana da literatura de tradición oral”.

O magosto, as tarefas da vendima e da elaboración do viño, os días de Santos e de defuntos, o San Martiño, as historias de medo … reuníronse nunha semana, que rematou cun concurso para o primeiro ciclo da ESO.

Alumnos e alumnas trouxeron cantigas orais recollidas por eles dos seus maiores, fotos e imaxes referidos á vendima, ao magosto, refráns, relatos …

Tamén fixemos unha pequena exposición con mostras de literatura e os traballos seleccionados no concurso.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Semana da tradición oral

fotos-de-otoño-autumn-photos-arboles-de-colores-1 (5)

O outono é unha estación fermosísima. O campo semella concentrar as cores do verán e os camiños alfómbranse coas follas que caen das árbores. É o tempo dos magostos, da vendima, do San Martiño …

Neste outono, que comezou mansamente, queremos gardar a memoria das actividades propias desta época e para iso convocamos un concurso que chamamos

“Concurso de tradición oral”,

no que queremos recoller historias, contos, refráns e tamén imaxes relacionados co outono. Esperamos a vosa participación.

Preme aquí para ver as bases.

DÍA DO LIBRO

Foi un bo día e o tempo estivo da nosa parte. Celebrámolo con múltiples actividades:

Lecturas baixo o sol

 

Entrega de premios do concurso de microrrelatos

 

E a nosa particular feira do libro. Ese día as novidades últimas trasladáronse á entrada do instituto.

IMG_0640

 

Tamén fixemos unha feira do libro de ocasión. As dúas actividades tiveron moita participación de visitantes e de compradores. Colaborou alumnado dos clubs de lectura.

 

VISITAS DE ESCRITORES

No mes de febreiro visitáronnos varios escritores. Asistiu alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO.

En primeiro lugar Ana Alcolea, autora de La noche más oscura, que leron en 2º de ESO, na clase de Lingua Castelá.PICT0005Ao alumnado gustáralle moito o libro. Houbo un montón de preguntas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Despois veu a escritora catalá Núria Pradas. Os alumnos de 1º de ESO leron El misterio de la calle  de las glicinas no Club de lectura.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA Por último, Emilio Pascual. O libro lido en 3º de ESO foi Días de Reyes Magos.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA