CARTAS DE AMOR POLO SAN VALENTÍN

San Valentín AmorDentro das colaboracións coa Biblioteca pública do Castrillón, celebrouse un concurso de cartas de amor entre o alumnado de 3º curso da ESO. Previamente prestárannos varias maletas con libros de tema amoroso no que o alumnado se inspirou para escribir.

Días despois celebrouse a entrega de premios

Todas as cartas están expostas na Biblioteca do Castrillón. Dende aquí agradecemos a iniciativa, que esperemos que se repita no futuro.

DÍA DA PAZ

No día da Paz, ao  IES Monelos chegaron ducias de pombas cheas de mensaxes de paz. Fixemos varios murais de poemas

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

E animamos a toda a comunidade a deixar a súa mensaxe en forma de pomba ou de poema nas paredes do instituto

OLYMPUS DIGITAL CAMERAA resposta non se fixo esperar e voando apareceron ducias de pombas con mensaxes en moitas linguas:

Cos nosos mellores desexos de paz en todo o mundo