O proxecto da Biblioteca IES Monelos

Este curso a nosa Biblioteca emprendeu un novo  Proxecto inspirado no lema “Aprender a pensar coa Biblioteca escolar” proposto pola Asesoría de Bibliotecas.

Pretendimos investigar sobre diversas personalidades da historia que, co seu pensamento, fixeron cambiar o mundo.

Os alumnos do IES Monelos, de diferentes niveis, traballaron cos seus profesores neste Proxecto a partir de preguntas, propostas polos docentes implicados, sobre o antes, o durante e o despois dos persoeiros analizados.

O resultado é “Ideas que moveron o mundo”  que podedes atopar neste enlace.

http://bibliotecaiesmonelos.es/ideas/

Agradecemos dende aquí a colaboración do profesorado de Latín, Bioloxía, Filosofía, Matemáticas e Lingua castelá que se implicaron con nos neste Proxecto.

Advertisements

Recomendacións de lecturas – Verán 2018

Coa chegada do verán e do tempo de lecer, a Biblioteca do IES Monelos quere compartir con todos o pracer da lectura propoñendo estas obras nas que os máis novos e os maiores atoparán aventuras, ciencia, teatro, poesía e aqueles temas actuáis e de sempre que nos levan da man ao mundo das ideas e as emocións. Invitámoste a viaxar coa imaxinación sen moverte do sofá ou…da área baixo o sol.

Para os mais novos
Este cómic preséntanos a incrible historia de tres primatólogas que cambiaron a nosa forma de entender aos grandes simios…incluídos nós.
Baseado en feitos científicos, este libro amósanos, en cincuenta grandes cadros ilustrativos, a historia apaixoante dos habitantes do zoo e os seus devanceiros. Unha viaxe inesquecible: un percorrido polo fascinante mundo dos animais e dos zoos.
Unha serie de contos que nos achegan aos homes e mulleres do circo cun ton humorístico e que conseguen, como se di baixo a carpa, “o máis divertido aínda”.
Selección dalgúns dos mellores poemas de Miguel Hernández que nos axuda a descubrir a intensidade e viveza da súa palabra.
Con magníficas ilustracións, recolle poemas de doce autores da Xeración do 27 sobre o mar, as frores, árbores e estrelas baixo o tema dun imaxinario “huerto del limonar”.
Divertidísima comedia sobre unha obra teatral que, ante a ausencia dos actores, vai ser clausurada. A sorpresa será que os encargados do mantemento do local asumirán a representación.
Unha obra chea de humor baseado nas situacións disparatadas e os xogos coa linguaxe.
Para os maiores
A historia dun rapaz inadaptado que pinta de estrelas as habitacións da súa casa e que busca a súa princesa e remata por atopar a un príncipe, ¿ou non?
Unha novela que reflexiona sobre o papel e o perigo das redes sociais para a xente nova. Confiar demasiado en persoas descoñecidas é un risco.
Unha novela gráfica que xira arredor de dous temas de actualidade: a corrupción bancaria e os desafiuzamentos. Asesinatos e investigación policial que rematará con sorpresa.
Novela de descubrimento, a través dunha viaxe a Madrid, entre un mozo con problemas que fai autostop e a conductora do vehículo da que descoñece o nome.
Un dos poetas contemporáneos máis orixinais e universais que explora a sempre contradictoria e ambigua esencia humana.
Nova versión do conto de Charles Perrault na que Carapuchiña namórase dun lobo engaiolador que representa aos modelos convencionais masculinos, aceptados como atractivos, e que non son máis cunha trampa para a muller.
Unha obra de teatro sobre mestres e alumnos; sobre pais e fillos… Unha obra sobre o pracer de asomarse ás vidas alleas…
Unha obra sobre os que elixen a derradeira fila; aquela dende a que se ven todas as demáis.

Celebración do Día do Libro no IES Monelos

Este día tan especial para todos o IES Monelos quixo dar a coñecer a alumnos e profesores a colección de libros Delicatessen cedidos amablemente pola Biblioteca do Castrillón. Son verdadeiras xoias de cores e debuxos increíbles, cunha presentación coidadísima que nos seduce pola vista, polas historias que narran e as mensaxes que gardan no seu interior. Os alumnos achegáronse a eles atraídos pola súa beleza e disfrutaron dunha oferta variadísima para todas as idades.

Ao final da mañá, un grupo de alumnas do Club de lectura de 4º de ESO representaron, para os alumnos de 2º de ESO, teatro lido, en concreto dúas pezas breves tituladas: La consulta e El epitafio. Son obras humorísticas e os máis novos riron e escoitaron con moita atención a interpretación. Levamos xa un tempo fomentando  este xénero que nos parece moi importante para favorecer a socialización, a lectura interpretativa e para achegar a literatura aos alumnos dun xeito lúdico. A lectura dramatizada fíxose na aula.

Asimesmo, en 2º de Bacharelato proxectouse un power point adicado a Cervantes e a súa obra para conmemorar esta data tan sinalada.

This slideshow requires JavaScript.

Celebración do Día da Poesía no IES Monelos

O 21 de marzo celebramos o Día da Poesía cun recital de poemas en galego e castelán dos alumnos de 3º de ESO do Club de lectura para os alumnos de 1º de ESO. O recital ía acompañado de música a piano e guitarra interpretada por dous rapaces de 3º de ESO. Quixemos así introducir aos máis novos no mundo da lírica para que no futuro máis inmediato aprendan a amar este xénero e conectala coa música xa que estas disciplinas artísticas están íntimamente ligadas.

This slideshow requires JavaScript.

Concurso Odisea

Os alumnos de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato participaron no Concurso Odisea de Cultura clásica, como xa ven sendo habitual nos derradeiros anos. Este concurso promove a investigación e búsqueda de información en distintos soportes co fin de descubrir as respostas a cuestións plantexadas sobre a cultura grecorromana. Este concurso é organizado pola SEEC de Santiago.

This slideshow requires JavaScript.

Exposición adicada as Mulleres de Ciencia

O Departamento de Bioloxía quixo homenaxear ás mulleres científicas ao celebrarse o 11 de febreiro o día adicado a estas investigadoras, moitas veces esquecidas.

A profesora de Cultura científica traballou cos alumnos de 1º de Bacharelato na procura de información sobre estas mulleres de ciencia. Usaron diferentes fontes, co asesoramento da profesora, e realizaron esta actividade en varias sesións  na biblioteca do centro. Asimesmo, para levar a cabo este proxecto o Equipo da biblioteca adquiriu libros de consulta que nos solicitaron.

O traballo foi exposto no vestíbulo do centro co fin de que se coñeza mellor a tarefa destas mulleres ás que lles debemos tanto.

This slideshow requires JavaScript.

Intervención poética no IES Monelos

Coa visita do alumnado do Mestrado de Formación do Profesorado, levamos a cabo unha poetización dos nosos espazos máis frecuentados, achegando a poesía a diferentes recunchos do centro. Co obxectivo de humanizar o noso contexto cotián, púxose a traballar man a man o alumnado do instituto e os futuros profesores e profesoras.

This slideshow requires JavaScript.