NOVIDADES DE OUTONO

Semana da tradición oral

fotos-de-otoño-autumn-photos-arboles-de-colores-1 (5)

O outono é unha estación fermosísima. O campo semella concentrar as cores do verán e os camiños alfómbranse coas follas que caen das árbores. É o tempo dos magostos, da vendima, do San Martiño …

Neste outono, que comezou mansamente, queremos gardar a memoria das actividades propias desta época e para iso convocamos un concurso que chamamos

“Concurso de tradición oral”,

no que queremos recoller historias, contos, refráns e tamén imaxes relacionados co outono. Esperamos a vosa participación.

Preme aquí para ver as bases.