Día da Lingua materna e Día de Rosalía

Desde a Biblioteca e o Equipo de Dinamización Lingüística procuramos fundar as dúas conmemoracións nunha mostra poética dedicada á poeta compostelá. No apartado “Rosalía nas linguas do mundo” inclúense traducións de coñecidos poemas dela ao castelán, inglés, catalán, ruso, francés, xaponés e italiano. O apartado titulado “Rosalía nos poetas do mundo” consta de homenaxes poéticas en varias linguas que lle foron dedicando diversos autores galegos, españois e estranxeiros. Cada texto vai precedido dunha fotografía do autor e dunha ficha biográfica do mesmo. En “Rosalía sempre” inclúense aspectos plásticos en que foi plasmada: páxinas de cómic, carteis, postais, vitolas, selos, portadas…

O pase de diapositivas require JavaScript.

Para a utilización didáctica desta mostra, elaboráronse dous cuestionarios diferentes para o segundo ciclo de ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

Buscando respostas

A semana pasada, do 26 ao 29 de Xaneiro, doce grupos de alumnos de Humanidades do noso instituto participaron no concurso online “Odisea 2015”, organizado pola sociedade de Estudos Clásicos de Galicia.

Para atopar as respostas os alumnos traballaron na biblioteca utilizando diversos bancos de datos:

Día da Paz

dove-of-peace

Para conmemorar esta data, durante os dous recreos, proxectamos videos de cancións relacionadas coa Paz no vestibulo do centro.

Claudia Rolle, unha alumna de 2º de Bacharelato, escribiu unha reflexión sobre a Paz que foi lida en todos os grupos:

Unha pequena reflexión sobre a paz

Esta foi a nosa selección de cancións: