Visita de Ana Alcolea no IES Monelos

O luns 18 de febrero, a escritora Ana Alcolea tivo un encontro cos alumnos de 3º de ESO. Nesta ocasión comentou a obra Napoleón puede esperar. Explicou o proceso de creación desta novela ambientada na súa cidade natal, Zaragoza: como xurdiu a idea, como se documentou…

Fixo fincapé nos aspectos éticos: a súa decisión de non dar protagonismo a personaxes que contribuíran a facer máis longo o asedio á cidade de Zaragoza e, por contra, destacar aquelas figuras históricas que realizaron un labor humanitario.

Os alumnos fixeron preguntas sobre aspectos da trama que non lles quedaron claros, como a interpretación dalgún dos soños. Así mesmo, mostraron curiosidade polo oficio de escritor.

Ana Alcolea é unha autora moi coñecida polos nosos alumnos xa que leron obras como: La noche más oscura, El secreto del espejo…

Estamos moi agradecidos porque sempre nos visita para falarnos do seu traballo como escritora e das interesantes tramas dos seus libros, o que, sen dúbida, impulsa entre os rapaces o amor pola lectura.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Corazóns poéticos no Día de San Valentín

Hoxe, día de San Valentín, os alumnos de 1º de ESO quixeron regalar corazóns aos seus compañeiros. Pero estes corazóns tiñan unha mensaxe especial: todos levaban no seu interior palabras poéticas, porque o amor é o que nos move a escribir. Así, escolleron os versos que máis lles gustaron de autores como Bécquer, Neruda, Pedro Salinas…e copiáronnos no seu corazón. E logo compartírono lendo e regalando versos, nun día cheo de luz.

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

Visita da escritora María Solar ao IES Monelos

O día 5 de febreiro visitounos a escritora María Solar, autora do libro Os nenos da variola que leron os alumnos de 4º de ESO e sobre o que fixeron un traballo.

María Solar falounos da heroica fazaña da expedición Balmis, da importancia das vacinas e a erradicación da variola no mundo, frente a outras doenzas que aínda persisten nalgúns países, como a poliomelite.

Asimesmo, proxectou imaxes sobre os efectos da variola nas persoas e o Hospital de Santiago de Compostela de onde saíron parte dos nenos que transportaron no seu corpo a vacina.

Finalmente, fíxonos comprender a necesidade de manter viva a memoria do que se levou a cabo en épocas pasadas, e invitou aos rapaces a continuar, nun futuro, a investigación sobre aspectos aínda descoñecidos desta expedición.

Ao remate da charla, os alumnos fixeron preguntas sobre aspectos da obra e comentaron que lles gustou moito polo seu realismo e interés humano. Sen dúbida é un bo exemplo de como combinar a ficción e a historia mantendo o interese do lector ata o final.

O pase de diapositivas require JavaScript.