Celebración do Día do Libro no IES Monelos

Hoxe foi un día moi especial no noso instituto. Celebramos a xornada con diversas actividades que homenaxean aos libros, tan importantes nas nosas vidas:

Entregamos un premio os mellores lectores do trimestre; recibimos á escritora Elvira Menéndez que falou cos rapaces de 1º de ESO; expuximos libros Delicatessen no vestíbulo para que todos disfrutasen coas súas variadas formas e cores,  e adicamos un tempo á lectura de poemas a cargo de alumnos de 1º e 4º de ESO para alumnos de 2º de ESO, acompañando o recital con música de violín e piano.  Quixemos que a poesía tivera un espazo nesta xornada porque o Día da Poesía non foi posible adicarlle tempo debido aos exames da Segunda avaliación.

A escritora Elvira Menéndez falounos da obra lida polos alumnos de 1º de ESO La máquina maravillosa. Explicounos que escribiu  o libro nos anos oitenta, cando a tecnoloxía non estaba tan desenvolvida coma hoxe, aínda que todo apuntaba que o home podería ser escravo dela nun curto espazo de tempo. Advertiulles aos alumnos que deberían ser moi intelixentes para afrontar os grandes retos da civilización tecnolóxica e que a lectura e os libros, sen dúbida, axudaranos a ser libres de pensamento e diferenzar a  mentira da verdade.

Os alumnos fixéronlle preguntas, ao rematar a exposición, sobre os personaxes da obra, a idea da que xurdiu e outros aspectos de interés que a escritora comentou encantada. Ao finalizar, firmou libros aos rapaces que se achegaron a ela.

En canto á exposición de libros Delicatessen, foi unha nova oportunidade de disfrutar de libros de gran beleza na súa factura. Cada ano facemos esta mostra porque o alumnado vaise renovando e queremos que todos a coñezan.

Por outra banda, o recital de poesía reuniunos arredor dun xénero que non sempre é o máis lido. Aunamos lírica e música xa que o ritmo e a melodía forman parte insoluble dos versos. Leron os alumnos de 4º composicións de Bécquer, Rosalía de Castro, Antonio Machado, fragmentos de La vida es sueño, de Don Juan Tenorio…Os alumnos de 1º de ESO leron poemas do libro Versos de buenas noches. Foi un intre máxico. Os lectores e os dous músicos lograron transmitir o seu entusiasmo ao público que os escoitaba en silencio.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Visita da escritora Ana Alonso ao IES Monelos

O luns 1 de abril  Ana Alonso visitou o noso centro para dar unha charla aos alumnos de 2º de ESO sobre o libro “El sueño de Berlín”, unha das lecturas do curso.

A escritora falou do proceso creativo desta obra, inspirada nas súas vivencias persoais como profesora de secundaria. A protagonista da historia padece TOC, enfermidade que tiña unha alumna da autora e que ela mesma sufriu en grado leve durante unha etapa da súa vida. Por iso escolleu o seu propio nome, Ana, para a personaxe principal.

Confesou, así mesmo, que a elaboración da novela, escrita xunto a o seu marido Javier Pelegrín, foi difícil porque lle afectaba de xeito persoal, dende o enfoque da protagonista e tamén dende a nai sobreprotectora desta.

Os alumnos estiveron moi atentos na charla, que resultou moi amena pola forma en que Ana Alonso se implica no que está a contar e a paixón con que vive os temas que presenta na novela. Preguntaron á autora sobre a inspiración para crear os personaxes, sobre a elección de Berlín como cidade sempre presente na trama e o tema de Exipto como a maior afección da protagonista. Tamén se interesaron sobre o proceso de edición, sobre a elección do título e por saber si a historia ía ter unha segunda parte.

O pase de diapositivas require JavaScript.